ALCALDÍA

Inaugurado o XXV Congreso da Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia

22/11/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu na Facultade de Químicas á inauguración do XXV Congreso da Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA). O encontro celébrase os días 22, 23 e 24 de novembro no IES Xelmírez I e na Facultade de Químicas.

O Congreso, que nesta edición conmemora o bicentenario do nacemento do ilustre químico galego Antonio Casares, conta con conferencias, comunicacións, obradoiros, debates e exposición de materiais. Entre as temáticas a tratar figuran as diversas experiencias didácticas e investigadoras no ámbito do ensino da ciencia, as estratexias metodolóxicas e os recursos curriculares e multimedia.

Compartir: