ECONOMÍA

Ábrese o prazo para inscribirse no curso "A comunicación emocional: falar, contar e conquistar ás masas no século XXI"

21/11/2012 A Concellería de Economía, dentro do programa Santiago Investors Support para fomentar o tecido empresarial e a cultura emprendedora da cidade, organiza o curso A comunicación emocional: falar, contar e conquistar ás masas no século XXI, dirixido a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial de Santiago, persoas desempregadas e estudantes.

O obxectivo do curso é amosar a importancia que ten para os profesionais a capacidade de comunicar dun modo eficiente. Estrutúrase en doce apartados: Falar para convencer; O medo a falar en público; Obxectivo e roteiro; A linguaxe non verbal; Análise de casos específicos; A comunicación executiva; Comunicar na distancia curta; Comunicar a media distancia; Análise de comunicación escrita; e Análise de comunicación audiovisual.

O curso, gratuíto, conta con 45 prazas, que se distribúen en tres grupos. O primeiro grupo terá as sesións os días 10, 11 e 12 de decembro; o segundo os días 13 e 14, e o terceiro os días 17, 18 e 19. A inscrición pode facerse a través da web www.cersiaempresa.org. Para máis información pode chamarse ao 981 542 493.

Compartir: