DEPORTES
Nesta edición participaran 800 nenos e nenas de entre 6 e 10 anos, que estarán repartidos en dúas categorías: pre-mini, formada por 27 equipos, e mini, composta por 30 equipos.
Acompañou ao concelleiro na rolda de prensa Román Roo, delegado en Santiago de Gadisa, empresa que apoia esta iniciativa.
Oitocentos rapaces participarán nunha nova edición da Campaña de Minibasket Memorial Lorenzo de la Torre
20/11/2012 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou unha nova edición da Campaña de Minibasquet Memorial Lorenzo de La Torre, que dende novembro ata o mes de maio se desenvolverá en varios pavillóns municipais da cidade.
Varela destacou o aumento do número de participantes, pasando dos 420 nenos e nenas de 2010 a 800 nesta edición. Por este motivo, o Concello decidiu dar máis cobertura ao evento, engadindo a maiores os pavillóns do Restollal e do Monte dos Postes para a competición, que habitualmente se celebraba unicamente nos pavillóns Lorenzo de La Torre e de Vite. Neste sentido, o concelleiro reiterou a aposta municipal pola promoción do deporte base.Nesta edición participaran 800 nenos e nenas de entre 6 e 10 anos, que estarán repartidos en dúas categorías: pre-mini, formada por 27 equipos, e mini, composta por 30 equipos.
Acompañou ao concelleiro na rolda de prensa Román Roo, delegado en Santiago de Gadisa, empresa que apoia esta iniciativa.