DEPORTES

O mellor do ciclocross galego reúnese un ano máis na Granxa do Xesto

19/11/2012 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o XI Trofeo de Ciclocross Cidade de Santiago, que se celebrara o domingo 25 no entorno da Granxa do Xesto,nas categorías elite, sub-19, master 30, 40 e 50, júnior, cadete, féminas e sénior.

Guillermo Fernández, do Club Ciclista Compostelán, apuntou que esta é unha das carreiras mais consolidadas do panorama galego. O circuíto conta con máis de 2 quilómetros de lonxitude no Monte do Pedroso, un entorno moi favorable para que se acheguen moitos espectadores.

Os horarios de saída das probas e duración aproximada segundo as categorías son os seguintes.

- 10:30 horas, cadetes e féminas (30 minutos).
- 11:15 horas, máster 30, 40 e 50 (40 minutos).
- 12:00 horas, saída elite e sub-23 (60 minutos), e júnior e sénior (40 min).

Proba da importancia desta carreira é que será a única de categoría nacional que se celebrará este ano en Galicia, sendo puntuable para o campionato nacional. Mais de 200 corredores participaran o domingo nesta proba.

Pola súa parte, o xerente da Federación Galega de Ciclismo, Ricardo Terceiro, agradeceu a Adrián Varela o seu apoio o ciclismo. Como todos os anos, a Federación colabora coa celebración deste trofeo, pero este ano tamén o fai a nivel económico, xa que financiará o custo dos árbitros e das taxas administrativas.

Terceiro salientou tamén que o ciclismo galego, xunto co vasco, se atopa na elite máxima deste deporte. Así, mencionou ciclistas galegos destacados como Aitor Hernández, Mauro González, Desiré Eduarte, Pablo González ou Jaime Juncal; que tamén participaran nesta carreira en Santiago.

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, enmarcou esta competición nos máis de dez eventos vinculados ao ciclismo realizados este ano en Santiago, con todo tipo de probas e para todos os perfís. Así, lembrou acontecementos como a Volta da Ascensión, o I Descenso Urbano; a carreira de escolas no entorno da Alameda, o Campionato Galego de Fondo en Estrada; a Marcha Cicloturística do Club Ciclista Botafumeiro, o Día da Bicicleta ou a saída da 13º etapa da Volta a España. Para 2013 anunciou como novidade unha marcha por emprazamentos do rural.

Compartir: