MEDIO RURAL

Medio Rural acomete o desbroce de 197 quilómetros de pistas nas 21 parroquias

19/11/2012 O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, compareceu en rolda de prensa para presentar o proxecto de desbroces nas 21 parroquias do rural, aprobado hai uns días en Xunta de Goberno, por unha contía económica de 71.244 euros.

O proxecto consta de tres fases, unha primeira de execución dos traballos por 8 maquinas desbrozadoras, unha segunda na que os equipos de apoio repasarán as zonas de forma manual e, finalmente o desatasco das canalizacións. Como destacou o concelleiro o proxecto non só se centrara no desbroce senón tamén na limpeza das zonas.

Os traballos duraran 30 días, nos que se limparan mais de 197 1ilómetros do rural. O xoves 15 comezaron os equipos de traballo na Lavacolla, Marantes, O Eixo e Laraño.

Segundo apuntou o concelleiro, para a adxudicación do proxecto tívose en conta a empresa que ofrecía o prezo mais económico e o persoal e equipos mais axeitados para levar a cabo os traballos.

Compartir: