URBANISMO

Entregadas as últimas vivendas no SUNP 2 de Salgueiriños

13/05/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto á conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, visitaron o SUNP 2 de Salgueiriños. Alí mantiveron un encontro cos veciños e percorreron as novas rúas. De seguido, entregaron as chaves das novas vivendas aos últimos propietarios.

Este novo polígono conta con 314 vivendas protexidas, construídas en réxime de cooperativa. Despois deste acto, xa están entregadas tódalas vivendas.

Compartir: