NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Encontro cos Axóuxeres Dixitais no Centro Sociocultural do Ensanche

16/11/2012 A Concellería de Educación e Normalización Lingüística anima os pais e nais a levar os seus nenos de entre 3 e 6 anos aos Encontros Dixitais dos Axóuxeres. A cita é mañá sábado, 17 de novembro, ás 18:30 horas, no CSC do Ensanche.

Os Encontros Dixitais dos Axóuxeres son sesións de cine pensadas para estas idades nas que os pequenos vivirán unha nova aventura con Pelouro, Roi, Moncho, Iria e todos os outros personaxes dos Axóuxeres 2012. Os Axóuxeres é un programa organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é manter a cadea de transmisión da lingua galega, ofrecéndolles ás familias espazos de lecer na nosa lingua e ferramentas para aprender, cantar e xogar cos nenos e nenas.

Coa colaboración da Concellaría de Educación e Normalización Lingüística, ademais da de Centros Socioculturais, os Axóuxeres dixitais estarán o 17 de novembro, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural do Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado). A entrada será de balde ata completar a capacidade da sala.

Compartir: