EXPOVIVENDA

Mostra do mercado inmobiliario en Amio

12/05/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez asistiu xunto ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, á inauguración de "Expovivenda 2006". Esta mostra do mercado inmobiliaro acolle a case 130 expositores, do 12 ao 14 de maio, no recinto feiral de Amio.

Profesionais e público en xeral pasarán ao longo da fin de semana por este certame, que ten varios espazos: o VII Salón da Oferta Inmobiliaria e Interiorismo, o II Salón Profesional de Equipamentos de Construción e o III Monográfico de Antigüidades e Almoedas.

Compartir: