MULLER

Dezasete mulleres participaron no Curso de Autoprotección ante a Violencia de Xénero organizado polo CIM

15/11/2012 Clausurouse o Curso de Autoprotección ante a Violencia de Xénero que a Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, a través do Centro de Información á Muller (CIM), e no marco do acordo de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia, organizou durante os días 7, 9, 12 e 14 de novembro. Asistiron 17 mulleres.

O curso foi impartido por un profesional do Sindicato Unificado da Policía. A finalidade destas sesións era aumentar os coñecementos das mulleres no relativo á violencia de xénero e dotalas das ferramentas físicas e psicolóxicas necesarias para, en primeiro lugar, evitar as situacións nas que a muller poida chegar a ser vítima dunha agresión e, no caso de que esta se produza, poida saír co menor menoscabo posible dela e pedir axuda.

Compartir: