EMPREGO
A Consellería de Traballo e Benestar investiu preto de 91.000 euros nestes cursos, que tiveron a súa formación teórica nas instalacións do Edificio CERSIA, en San Lázaro. A formación teórica centrouse nos coñecementos xerais da marca, de atención ao cliente, nos coñecementos específicos do posto e nos módulos obrigatorios.
A formación práctica desenvolveuse nos centros que Hipermercados Carrefour ten abertos nos centros comerciais de Os Rosales e Alfonso Molina, na Coruña. Consistiu nunha formación polivalente en dous ámbitos diferenciados: caixeiro-repoñedor e dependente de produtos frescos. As prácticas nos centros da Coruña incluíron unha rotación polas diferentes seccións do hipermercado.
Entrega de diplomas aos preto de 60 alumnos dos cursos con compromiso de contratación do hipermercado Carrefour
12/11/2012 A concelleira de Emprego, Paula prado, xunto coa directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, e os responsables de Carrefour, entregaron os diplomas aos preto de 60 alumnos e alumnas que participaron nos cursos con compromios de contratación do hipermercado Carrefour celebrados no CERSIA.
Os dous cursos de caixeiro repoñedor constaron de 42 horas teóricas e 208 prácticas, mentres que os de dependente de produtos frescos tiveron tamén a mesma cantidade de horas teóricas e prácticas. Un mínimo de 55 persoas cubrirán parte dos postos de traballo no novo hipermercado que Carrefour abrirá o xoves 12 de novembro no Centro Comercial As Cancelas.A Consellería de Traballo e Benestar investiu preto de 91.000 euros nestes cursos, que tiveron a súa formación teórica nas instalacións do Edificio CERSIA, en San Lázaro. A formación teórica centrouse nos coñecementos xerais da marca, de atención ao cliente, nos coñecementos específicos do posto e nos módulos obrigatorios.