FESTAS

O arco luminoso conmemorativo do 50 aniversario da S.D. Compostela xa loce no Estadio de San Lázaro

10/11/2012 A Concellería de Festas e Centros Socioculturais únese á celebración do 50 aniversario da Sociedade Deportiva Compostela. Así, o arco luminoso feito no seu día a propósito deste aniversario loce xa na entrada principal do estadio de San Lázaro.

O concelleiro de Festas, Francisco Noya, formalizou a cesión ao Compostela deste arco luminoso, que xa estivera instalado no paseo central da Alameda durante as Festas do Apóstolo. Agora loce no estadio de San Lázaro, onde o conxunto compostelán xoga os seus partidos.

Ademais, o Centro Sociocultural de Fontiñas acollerá, dende o 10 de decembro, unha exposición fotográfica e de trofeos que reflicten estas cinco décadas de vida do club. A mostra tamén estará no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche a partir do 19 de xaneiro.

Cómpre lembrar tamén que, dentro dos actos desta efeméride, o 6 decembro celebrarse en San Lázaro un partido entre a S.D. Compostela e unha selección de futbolistas galegos. Terá prezos populares e a recadación destinarase a fins benéficos.

Compartir: