EIXO ATLÁNTICO

A localidade portuguesa de Gaia convírtese no centro artístico da Eurorexión

10/05/2006 Vila Nova de Gaia convertiuse na capital da arte do Eixo Atlántico, ao acoger a cerimonia de entrega dos premios da VII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. O escenario del acto foi a Casa Museo Teixeira Lopes, onde se atopa a exposición coas 40 obras seleccionadas nesta edición do certame plástico.

Un nutrido grupo de artistas galegos e portugueses, así como autoridades do noroeste peninsular asistiron á cerimonia, que foi presidida polo presidente da Cámara Municipal de Gaia, Luís Filipe Menezes; o presidente do Eixo Atlántico, Xosé Sánchez Bugallo, e o director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso. Acompañaban na mesa presidencial o director xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao; o concelleiro de Cultura de Gaia, Mario Dorminsky; o director xeral de Nova Galicia Edicións, Carlos del Pulgar; o presidente do xurado, Xavier Magalhaes, e en representación de la Fundaçao da Juventude de Portugal, Carlos Brito.

A casa museo do escultor portugués Teixeira Lopes, contemporáneo e amigo de Benlliure e Rodin, serviu de marco para unha festa cultural na que a pintura dos creadores galegos e portugueses foi a protagonista. A calidade das obras seleccionadas foi ponderada polos asistentes, que foron recibidos coa música dun grupo de música de cámara. Trala lectura da acta do xurado, procedeuse á entrega dos galardóns.

O segundo premio de autor galego, dotado con 1.500 euros, foi para a "A vella mina dos alemáns" de Xosé Luís Otero Becerra, quen o recibiu de mans do presidente del Eixo Atlántico e do director xeral de Nova Galicia Edicións, Carlos del Pulgar.

O segundo premio de autor portugués foi para Francisco da Rocha Neto, pola súa obra "Norte/Sul". Entregoulle o premio o director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso.

Por último, Luis Filipe Menezes, presidente da Cámara de Gaia, fixo entrega do Primeiro Premio Eixo Atlántico á mellor obra do certame, dotado con 3.000 euros, a Xabier de Sousa Alonso, polo seu díptico "Visións".

O presidente do xurado, Xavier Magalhaes, concluíu a lectura da acta lembrando as mencións honoríficas para "Mosca", do autor galego Pablo Giráldez Río, e "Partículas da vida", do autor portugués Nuno Miguel Estevinho Duque.

A continuación tomou a palabra o director xeral de Caixanova, Julio Fernández Ganoso, quen sinalou o apoio da entidade que dirixe á cultura e ao Eixo Atlántico, e o seu desexo de manter un apoio estable a este tipo de iniciativas.

Pola súa parte, Xosé Sanchez Bugallo, presidente do Eixo Atlántico, fixo fincapé no papel do Eixo Atlántico como ferramenta para a construción da eurorrexión. Salientou o protagonismo das comunidades locais na construción dunha Europa sólida e puxo como exemplo a Gaia no seu afán por elevar a categoría das cidades a verdadeiros actores da harmonización europea.

Finalmente, o presidente da Cámara Municipal de Gaia dixo que a cultura afiánzase en proxectos como esta Bienal e é unha das realidades da Europa que se constrúe a partir das rexións e dos pueblos. Congratulouse das magníficas relacións transfronteirizas entre Galicia e o Norte de Portugal e subliñou o o liderazgo que o alcalde de Santiago está levando a cabo como presidente do Eixo.

Compartir: