DEPORTES

Santiago acollerá en decembro unha das primeiras fases do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas de fútbol feminino

06/11/2012 A Concellería de Deportes vén de confirmar a celebración en Santiago da primeira fase autonómica do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas de fútbol feminino. Será os días 20, 21 e 22 de decembro nas instalacións municipais de Santa Isabel e As Cancelas.

Na competición participarán as seleccións sub-18 e sub-25 de Galicia, Baleares e Canarias. Co apoio á celebración deste evento, o Concello de Santiago reafirma o seu compromiso co fomento do deporte feminino. Dende o Departamento agradécese a colaboración da delegación santiaguesa da Federación Galega de Fútbol, así como das diferentes institucións e entidades que participarán no desenvolvemento do torneo.

Compartir: