XUVENTUDE

A Concellería de Xuventude pon en marcha no instituto Xelmírez campañas informativas sobre asuntos de interese para os rapaces

05/11/2012 Adrián Varela, concelleiro de Xuventude, presentou as accións formativas que se desenvolveron durante todo o día no I.E.S. Arcebispo Xelmirez I. Nesta xornada informativa, que tivo lugar no horario escolar, participaron arredor de 300 mozos e mozas.

Tratáronse temáticas distintas e diversas relacionadas con asuntos que interesan aos adolescentes e que, segundo sinalou o edil, "é importantes que se traballen directamente con eles".

Cabe destacar tres: as campañas de voluntariado, as de educación sexual, que teñen como obxectivo romper os mitos e evitar os prexuízos que rodean estas cuestións, e as campañas de xuventude e cidadanía. Nestas últimas búscase traballar con grupos de rapaces que se atopan en risco de exclusión social así como achegarlles estratexias para erradicar as discriminacións do entorno escolar.

Compartir: