CENTROS SOCIOCULTURAIS

Noite de cabazas e castañas nos centros socioculturais

03/11/2012 A Concellería de Centros Socioculturais participou nas celebracións organizadas en torno ao Samaín. Así, Conxo acolleu unha concorrida Festas das Cabezas. Noutro punto da cidade, na Trisca, os veciños celebraron un tradicional magosto.

A Comisión das Festas Tradicionais de Conxo, da que forma parte o Centro Sociocultural, organizou a Festa das Cabazas, que se celebrou durante toda a xornada do sábado. Houbo un contacontos con Soledad Feyoza, exposición e concurso de cabazas, un tunel de terror para os máis pequenos no CSC e actividades de dinamización en prazas e rúas do barrio, así como un magosto na praza Aurelio Aguirre.

O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, achegouse ata Conxo para participar na Festa e, posteriormente, dirixiuse ao Centro Sociocultural da Trisca, onde se celebraba un tradicional magosto.

Compartir: