BENESTAR SOCIAL

O Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte celebrou o Samaín en Vite

02/11/2012 O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais organizou en colaboración co persoal do Centro Sociocultural de Vite a súa particular noite de Samaín coa celebración de actividades interxeneracionais que converteron o centro nun "terrorífico" escenario.

Entre as actividades realizadas destacou a colaboración entre pequenos e maiores na decoración coa temática propia desta data, con cabazas, cestiños… Estes complementos serviron despois para recrear e ambientar os espazos no propio Centro Sociocultural, un obradoiro de maquillaxe e un contacontos.

A velada tivo o seu punto forte na Pasaxe do terror, unha actividade de dinamización social, o Equipo Urbana Santiago Norte e o persoal do CSC de Vite, lograron crear un espazo non apto para cardíacos onde ninguén estivo a salvo de levarse un bo susto. A aqueles que conseguiron superar a proba terrorífica entregóuselles un pequeno agasallo.

Esta iniciativa enmárcase no Proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Compartir: