TRÁFICO

A campaña de control de semáforos sáldase en Santiago cun 0,74% de infractores

30/10/2012 O concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez, deu conta dos resultados da campaña sobre o respecto aos semáforos en vermello realizada entre o 22 e o 28 de outubro. Os datos indican que só o 0,74% dos condutores se saltaron o semáforo en vermello.

A campaña realizouse ó longo de toda a semana en diferentes puntos da cidade e de maneira esporádica. Os vehículos sometidos a control foron 4.678 e tan só 33 foron denunciados.

Para o concelleiro, estes datos son "moi significativos e positivos". A campaña tiña como obxectivo concienciar os condutores sobre a importancia do respecto aos semáforos. Anunciou igualmente que na vindeira semana se realizará unha campaña de transporte escolar e, no mes de decembro, outra de alcoholemia.

Compartir: