DEPORTES

A Carreira Pedestre reuniu máis 6.300 corredores nas rúas compostelás

28/10/2012 As rúas de Santiago acolleron a XXXV Carreira Pedestre, organizada polo Grupo Correo Gallego. Máis de 6.300 corredores participaron na competición, que repartiu 14.000 euros en premios.

O arzuano Lolo Penas foi o gañador na categoría absoluta masculina, mentres que a portuguesa Sara Pinho foi a primeira en chegar á meta da praza do Obradoiro na categoría feminina. O alcalde compostelán, Ángel Currás, deu a saída aos escolares, entre os que resultaron vencedores Tariku Novales e Carmen Martínez.

Tras a entrega de premios, como é tradicional, celebrouse no Concello unha recepción aos membros da organización e autoridades. Alí estaban tamén os concelleiros Albino Vázquez e Adrián Varela, que participaron na carreira.

Compartir: