NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Diversión para toda a familia cos Axóuxeres no Centro Sociocultural das Fontiñas

27/10/2012 O Centro Sociocultural das Fontiñas acolleu o primeiro encontro teatral dos Axóuxeres 2012, actividade orientada aos máis pequenos que forma parte dun programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Os concelleiros de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, non se quixeron perder este espectáculo teatral para bebés de 0 a 3 anos e para as súas familias. Estas sesións teatrais teñen como obxectivo promover o uso do galego e a súa transmisión interxeracional nas familias novas con bebés.

Os membros máis novos da familia dos Axóuxeres, Xan, Iria e Pelouro, xunto co seu amigo marciano R01, cantaron e xogarán ao longo de case unha hora de espectáculo cheo de diversión para toda a familia.

Compartir: