ALCALDÍA

Especialistas españois e portugueses estudan as posibilidades do territorio e a súa xestión para facer fronte á crise económica

26/10/2012 Os participantes no XIII Coloquio Ibérico de Xeografía foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Ángel Currás. Este encontro reúne ata o 27 de outubro, na Facultade de Xeografía e Historia, a máis de 300 especialistas españois e portugueses que debaten sobre cuestións relacionadas co territorio, as infraestruturas, a economía e as relacións transfronteirizas e como estas poden axudar a superar a crise actual.

O Coloquio, que ten como lema "Respostas territoriais da Xeografía Ibérica á crise actual", contempla máis de 20 áreas temáticas, entre as que figuran a ordenación do territorio, as mobilidades transfronteirizas, as tendencias demográficas, o novo diálogo centro-periferia, a lusofonía e a hispanofonía, a cidade e desenvolvemento urbano, a xeografía no ensino non universitario, as repercusións xeográficas da crise, a nova xeografía económica e a globalización, a sociedade da información e territorio, os estudos integrados de rexións costeiras, as dinámicas climáticas, o recurso da auga e a súa planificación, a integración da paisaxe nos estudos territoriais, os xeositios, as transformacións do medio rural e a vulnerabilidade e risco na sociedade actual.

Compartir: