ALCALDÍA

O alcalde recibiu en Raxoi o embaixador de Corea do Sur en España, Oh Dae-Sung

26/10/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o embaixador de Corea do Sur en España, Oh Dae-Sung. O diplomático mantivo unha reunión co rexedor e asinou no Libro de Honra.

O embaixador de Corea en España está de viaxe en Galicia, onde está a manter diversos contactos con representantes institucionais e empresariais.

Dae-sung Oh graduouse en Ciencia Política e Diplomática na Universidade de Corea completando estudos cun máster en Ciencia Política e a realización do doutoramento na Universidade Complutense de Madrid. Na súa carreira diplomática figuran diversos cargos en embaixadas do ámbito latinoamericano, Estados Unidos e actualmente en España.

Compartir: