LINGUA

Nova edición de Correlingua

10/05/2006 Centos de rapaces reuníronse, primeiro na Praza da Quintana e logo na Praza do Obradoiro, nunha nova edición de Correlingua, a carreira que en prol do idioma se convoca cada ano en distintos puntos da xeografía galega.

Na saída estiveron o concelleiro de Cultura, Néstor Rego; a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos; e o concelleiro de Política Lingüística, Manuel Portas. Os participantes remataron o seu percorrido polas rúas da cidade na Praza do Obradoiro, onde se celebrou un acto coa participación do espectáculo do Xabarín.

Os rapaces acudiron a esta cita portando pancartas e camisetas con lemas ou mensaxes relativos ao idioma e amenizaron a carreira cos seus cánticos. Os máis creativos tiveron premio.

Compartir: