FESTAS E CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Concellería de Festas súmase á celebración do 50 aniversario da S.D. Compostela

18/10/2012 A Concellería de Festas e Centros Socioculturais colaborar coa celebración do 50 aniversario da Sociedade Deportiva Compostela. Así, o arco luminoso feito no seu día a propósito deste aniversario lucirá na entrada principal do estadio de San Lázaro. Ademais, os centros socioculturais de Fontiñas e do Ensanche acollerán unha exposición relativa á celebración.

O concelleiro de Festas, Francisco Noya, formalizará a cesión ao Compostela deste arco luminoso, que xa estivera instalado no paseo central da Alameda durante as Festas do Apóstolo. Dende a vindeira semana lucirá no estadio de San Lázaro, onde o conxunto compostelán xoga os seus partidos.

Ademais, o Centro Sociocultural de Fontiñas acollerá, dende o 10 de decembro, unha exposición fotográfica e de trofeos que reflicten estas cinco décadas de vida do club. A mostra tamén estará no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche a partir do 19 de xaneiro.

Cómpre lembrar tamén que, dentro dos actos desta efeméride, o 6 decembro celebrarse en San Lázaro un partido entre a S.D. Compostela e unha selección de futbolistas galegos. Terá prezos populares e a recadación destinarase a fins benéficos.

Compartir: