FACENDA

A participación nos ingresos do Estado increméntase para Santiago de Compostela en case tres millóns de euros

17/10/2012 A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, anunciou que a participación nos ingresos do Estado (PIE) en 2013 incrementarase para o Concello de Santiago en 2.903.703 euros, un 14% máis que en 2012. Esta achega é a maior dende 2009 e permitirá compensa en boa medida as subas do IPC e do IVA que deben asumir as arcas municipais.

Cecilia Sierra cualificou de "boa noticia" este incremento do PIE para Santiago, que responde ao "compromiso e especial sensibilidade do Goberno central coas facendas locais neste momento económico". Esta suba vén a sumarse á medida aprobada hai tres meses pola que se reduciu a devolución mensual que debe afrontar o Concello do PIE correspondente a 2008 e 2009 en 72.164 euros.

Para a edil, esta maior achega do PIE supón un "balón de osíxeno" para as arcas locais e permitirá facer fronte ao incremento de gastos derivado da suba do IPC e do IVE. Así, tendo en conta que os servizos básicos do Concello representan un gasto de 35,5 millóns de euros, estimou o gasto a maiores pola suba so IPC (en base a un crecemento do 3,4%) en 828.410 euros. O gasto polo aumento do IVE (2%) medraría en 487.300 euros.

A achega do PIE para Santiago en 2013 situarase nos 23.436.620 euros, un 14% que en 2012. Tomando como referencia a poboación de Santiago, 95.207 habitantes, o crecemento por habitante cifraríase en 30,5 euros.

O PIE de 2013 será o máis alto para o Concello dende o exercicio 2009, en que este fora de 22,5 millóns de euros. En 2010 pasara a 18,6 millóns, en 2011 a 20,1 millóns e en 2012 alcanzar os 20,5 millóns de euros.

Este incremento do PIE baséase fundamentalmente na maior participación nos tributos do Fondo Complementario de Compensación. Do total, este supón 19.348.280 euros, medrando a participación no mesmo nun 17% respecto a 2012.

O resto dos 23, 4 millóns proceden, na súa maior parte, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), 2.182.220 euros (-4%), e do IVE, 1.380.340 euros (+19%). A estes hai que sumar as cantidades derivadas doutros impostos directos: Imposto Especial sobre o Alcohol, 19.060 euros (-1%); Imposto Especial sobre a Cerveza, 6.310 euros (+8%); Imposto Especial sobre o Tabaco, 236.410 euros (-8%); Imposto Especial sobre Hidrocarburos, 263.520 (-11%); e Imposto Especial sobre Produtos Intermedios, 480 euros (-9%).

Documentos relacionados



Compartir: