ALCALDÍA

Compostela acolle o maior evento realizado en España sobre o software libre cun enfoque profesional e empresarial

17/10/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu os participantes na Libre Software World Conference 2012, que se celebra na Cidade da Cultura os días 18 e 19 de outubro.

A Libre Software World Conference 2012 é o maior evento realizado en España sobre o software libre con enfoque empresarial y profesional. No mesmo poderanse coñecer as principais novidades técnicas, os novos produtos e os principais proxectos que hai en marcha en España.

A LSWC'12 é tamén un punto de encontro e intercambio de coñecemento sobre novidades, iniciativas, e proxectos en software libre desenvolvidas a nivel internacional, grazas á participación de expertos e profesionais de distintos países. Ademais, o evento será unha ferramenta de comunicación para a difusión do software libre aplicado a ámbitos como a economía, a sociedade ou as administracións.

Direccións relacionadas



Compartir: