ALCALDÍA

Os veciños de Monte de Deus exprésanlle a Ángel Currás as súas demandas en materia viaria e de desbroces

17/10/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Barrios, Juan de la Fuente, reuníronse coa Asociación de Veciños Monte de Deus, presidida por Alejandro Álvarez Castro. Os representantes veciñais expresaron as súas principais demandas, fundamentalmente en materia viaria e de desbroces.

Ángel Currás comprometeuse a ir atendendo as demandas máis urxentes. Así, no caso da solicitude de desbroces no parque do Monte de Deus, estes xa forman parte dun proxecto –no que está incluída tamén a Selva Negra- para este e o vindeiro ano. Realizaranse desbroces selectivos, dada a importante presenza de especies autóctonas, e reporanse pés arbóreos. Os veciños tamén demandaron o desbroce de varios camiños peonís, que se efectuará en primavera.

Outra das demandas formuladas na reunión foi a apertura dun vieiro peonil. O Concello xa está traballando no proxecto e a súa realización dependerá da dispoñibilidade orzamentaria en 2013. Tamén solicitaron algún pequeno arranxo, do que se ocupará a Brigada de Vías e Obras.

Compartir: