PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Nova ruta didáctica do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"

16/10/2012 Continúa o programa educativo de rutas didácticas pola cidade e as parroquias Compostela Cultura Viva, Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.

Este mércores 17 de outubro realizarase a ruta didáctica titulada "Cuestión de xénero". Nesta ruta farase un percorrido a través de lugares que fan referencia a fitos e persoas de relevancia en Galicia que traballaron e traballan a favor da igualdade de xénero. A través da vida de mulleres e homes galegos, contarase como xorde historicamente esta revolución, a importancia de Santiago como lugar de formación universitaria e cultural secular e o lugar que ocupa no momento actual.

A ruta rematará coa visita e explicación dun proxecto que leva mais de 14 anos traballando en educación para a igualdade de xénero, sendo pioneira nas súas iniciativas en Santiago e en Galicia.

O punto de saída da rúa será a Porta do Camiño, ao lado da fonte, ás 11:00 horas.

Os veciños e veciñas interesadas en participar nas rutas didácticas deste programa poden inscribirse presencialmente ou por telefono nos centros socioculturais, tanto en horario de mañá como de tarde.

Direccións relacionadas



Compartir: