CENTROS SOCIOCULTURAIS

Xornada sobre micoloxía no CSC de Conxo

16/10/2012 O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha nova Xornada Micolóxica o sábado 20 de outubro. Está organizada pola Asociación Micolóxica Pan de Raposo e a Concellería de Centros Socioculturais.

A partir das 9:30 horas, sairá do CSC de Conxo un roteiro micolóxico polos montes da contorna do barrio, que permitirá a recollida de cogomelos. Xa pola tarde, ás 17:30 horas, procederase á identificación e estudo das setas recolectadas. Posteriormente, ás 19:00 horas, conferencia de José María Costa Lago, da Asociación Pan de Raposo, titulada Iniciación á Micoloxía: cogomelos, formas, cores e hábitats{/em].

Documentos relacionados



Compartir: