DEPORTES

Última carreira do circuíto CorreSAN entre a Cidade da Cultura e San Lázaro

14/10/2012 Celebrouse a última das catro carreiras saudables CorreSAN. Desta vez, a proba iniciouse na Cidade da Cultura e rematou no Estadio de San Lázaro. Ademais, a carreira serviu para homenaxear o Victoria FC polo seu 75 aniversario.

Os participantes percorreron 5,9 quilómetros dun circuíto que os levou dende a Cidade da Cultura ao Estadio Multiusos de San Lázaro.Tamén houbo unha proba para prebenxamíns e outra para benxamíns, que correron nun circuíto máis pequeno, duns 2,8 quilómetros, preparado nas inmediacións do Estadio.

Tanto os premios desta carreira como os da totalidade do circuíto CorreSAN foron entregados ao rematar esta última proba no propio recinto de San Lázaro. No acto participou o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

Compartir: