ECONOMÍA

Ábrese o prazo de inscrición para o curso "Análise de mercados"

10/10/2012 A Concellería de Economía abre o prazo de inscrición para o curso "Análise de mercados", acción formativa que se integra dentro do programa Santiago Investors Support. O curso desenvolverase en dous grupos, un os días 5 e 6 de novembro e outro os días 7 e 8 do mesmo mes. A inscrición pode facerse a través da páxina do CERSIA Empresa. O prazo remata o día 23 de outubro.

O curso ten por obxectivo dotar aos asistentes dos coñecementos e as ferramentas necesarias para investigar a realidade do mercado e actuar sobre el con garantías de éxito, adecuando a oferta que se faga a demanda existente. Destínase a emprendedores, traballadores en activo e estudantes universitarios ou de formación profesional.

As temáticas que se tratarán no curso son: Organización Intelixente; Conceptos de análise de mercado; Como se investiga; Desenvolvemento dun plan de análise; A mostra representativa; Investigación en medios de comunicación; Estimación da demanda; Axiomas iniciáticos de investigación de mercados; Axiomas avanzados de investigación de mercados; Análise práctica de mercados.

Compartir: