CONSORCIO

O Consorcio programa talleres infantís na nova sede do Museo das Peregrinacións

09/10/2012 O sábado 13 de outubro comezará a funcionar na nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías, o servizo de talleres infantís. O Consorcio de Santiago programou tres sesións cada fin de semana, orientadas a nenos de entre 6 e 12 anos: os sábados ás 12:00 e 18:00 horas e os domingos ás 12:00 horas.

Estes obradoiros queren fomentar a participación das familias con nenos nas actividades culturais do Museo. Así, ademais de realizar un percorrido polas salas do edificio, os máis pequenos poderán coñecer a historia da cidade a partir de actividades dinámicas dirixidas por monitores especializados. Os nenos descubrirán os que habitaban a Compostela medieval, como vivían e en que traballaban, e mesmo poderán construír unha réplica da muralla da cidade. Tamén se poderán converter nuns peregrino medievais e percorrer as vellas rúas tal e como se facía hai 800 anos.

Os talleres teñen unha duración aproximada de 90 minutos e custan 3 euros por persoa. Para máis información pódese chamar ao teléfono 981 576 661 ou preguntar no propio despache de billetes do Museo.

Compartir: