EDUCACIÓN

O mundo do circo, representado no Principal polos alumnos do Instituto de Sar

09/05/2006 Un grupo de alumnos do IES de Sar tivo a oportunidade de subirse ó escenario do Teatro Principal para representar "A derradeira promesa", a obra coa que gañou o XI Certame de Teatro Intercentros. Nunha festiva sesión de teatro, estes novos actores tiveron a ocasión de mostrar as súas habilidades escénicas a un animado público composto sobre todo polos demais rapaces e rapazas que participaron no certame.

O XI Certame de Teatro Intercentros de Compostela e comarca contou coa participación de oito centros escolares, que se achegaron así ó mundo do teatro a través das obras que representaron nos institutos da cidade. A obra gañadora, "A derradeira promesa", escenificada polos alumnos do IES Sar, xira en torno a un circo que se vende coma o mellor cinco do mundo, cuns protagonistas moi peculiares que teñen que resolver diversos conflitos.

Compartir: