PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A próxima ruta do programa é a do mércores 10 de outubro pola tarde, "A cerca da cidade", que permitirá descubrir as pegadas dunha parte da muralla da cidade presente e oculta en Compostela. O grupo de 25 persoas inscritas partirá ás 18:00 horas do paseo central da Alameda(palco da Banda).
O seguinte percorrido será o sábado 13 de outubro, con saída as 11:00 horas desde os soportais do pazo de Raxoi. Esta ruta leva o título "Polos balcóns de Compostela" e permitirá que os participantes coñezan a cidade dende a perspectiva que ofrecen os balcóns e edificios singulares da cidade. Neste ruta aínda hai prazas dispoñibles.
Os veciños e veciñas interesadas en participar nas rutas didácticas deste programa poden inscribirse presencialmente ou por telefono nos centros socioculturais, tanto en horario de mañá como de tarde.
Novas rutas didácticas do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
05/10/2012 Continúa desenvolvéndose o programa educativo de rutas didácticas pola cidade e as parroquias de Compostela, Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.
O sábado 6 de outubro realizarase a ruta didáctica titulada "O modernismo en Compostela". Os 25 participantes xa inscritos coñecerán e identificarán algunhas das pegadas que a arquitectura modernista deixou no Ensanche compostelán a comezos do século XX. Camiñando polas rúas, descubrirase a riqueza de detalles dun estilo arquitectónico pouco coñecido e moi peculiar en Santiago. O grupo de participantes saíra ás 11:00 horas do Centro Sociocultural do Ensanche.A próxima ruta do programa é a do mércores 10 de outubro pola tarde, "A cerca da cidade", que permitirá descubrir as pegadas dunha parte da muralla da cidade presente e oculta en Compostela. O grupo de 25 persoas inscritas partirá ás 18:00 horas do paseo central da Alameda(palco da Banda).