CENTROS SOCIOCULTURAIS

Encarna Álvarez Gallego trae o seu "bilingüismo cromático" ás Fontiñas

09/05/2006 "Bilingüismo cromático" é o título da exposición que Encarna Álvarez Gallego leva ó Centro Sociocultural das Fontiñas do 12 ó 29 de maio. "Entre o pensar galego e o sentir da miña terra, fun compoñendo cadros que falan de ámbolos dous sitios sen preferir nada, sen botar de menos, quedándome encantada co que ven, xa que probablemente, está aí para ser descuberto e pintado" apunta a autora sobre esta mostra.

A propósito da súa obra apunta: "Pasou moito tempo ata que por fin decidinme a pintar escenas do meu contorno. Pintei eses cores ocres e de arxila da meseta de forma case obsesiva ata que agora, anos máis tarde e da man de toda a xente vella así como de aquelas persoas (compañeiras) que traballan polo seu benestar, foime entrando unha presenza firme da gama dos verdes e amarelos, dos reflexos da auga e da humidade desta querida aldea galega. O bilingüismo virou a sentir cromático, por fin".

Encarna Álvarez Gallego conta cunha curta pero intensa traxectoria. Ademais de varias exposicións, pinturas murais e álbums de imaxes, é a autora do CD "A voz dos maiores", editado pola Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Santiago.

Compartir: