DEPORTES

Santiago súmase á celebración do Día Mundial do Karate cunha xornada de promoción deste deporte

05/10/2012 O domingo 7 de outubro celébrase o Día Mundial do Karate. Con este motivo, a Agrupación Deportiva Galaika, en colaboración coa Concellería de Deportes e a Federación Galega de Karate, organiza unha xornada de promoción deste deporte.

Esta xornada pretende dar a coñecer o karate a todas aquelas persoas interesadas na súa práctica. Esta actividade súmase ás que se celebrarán en todo o mundo co obxectivo de demostrar ao Comité Olímpico Internacional (COI) a unión e fortaleza da arte marcial con máis practicantes a nivel mundial. O karate aspira a ser designado en 2013 como deporte olímpico.

A xornada de promoción realizarase no Pavillón Municipal de Pontepedriña a partir das 11:30 horas. Os instrutores de Galaika coordinarán una serie de actividades dirixidas a todos aqueles nenos e non tan nenos que desexen participar, teñan ou non coñecementos previos.

Compartir: