ALCALDÍA

Alumnos de varios países participan nunha nova edición do Curso "Camiño de Santiago"

04/10/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu os participantes do Curso Camiño de Santiago. Este curso ofrece aos participantes mellorar o seu español á vez que coñecen máis sobre o Camiño de Santiago.

Este é un programa pioneiro que, ao longo de dúas semanas, combina o estudo multidisciplinar ra ruta xacobea e o perfeccionamento da lingua española. Alumnos e alumnas cun coñecemento previo do español reciben 40 horas lectivas, nas que se achegan á lingua e á cultura a través da historia, a arte, a xeografía, a gastronomía e a actualidade do Camiño de Santiago.

O curso inclúe tamén actividades culturais, como visitas guiadas pola cidade, tertulias e a recepción no Concello de Santiago e no Reitorado da Universidade.

Compartir: