DEPORTES

Presentada a XXXV Carreira Pedestre

03/10/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á presentación da XXXV Carreira Pedestre Popular de Santiago, que se celebrará o domingo 28 de outubro.

Milleiros de deportistas sairán un ano máis da avenida de Xoán XXXIII para percorrer as rúas de Santiago ata a meta da praza do Obradoiro. Os que teñan 17 anos ou máis sairán ás 10:00 horas, mentres que os escolares que cumpran este ano entre 10 e 16 anos comezarán a proba ás 11:30 horas.

Unha das novidades desta edición é que os corredores poderán elixir a zona de saída, marcada cunha cor determinada. A zona elixiraa o participante en función do tempo estimado de chegada á meta.

Direccións relacionadas



Compartir: