BARRIOS

Inícianse as obras na Rocha Vella

03/10/2012 A Concellería de Barrios continúa a executar unha serie de obras en 17 barrios da cidade, cun investimento total previsto de 800.733 euros. Xa se iniciaron as actuacións en barrios como a Rocha Vella. Outras, como as de Sar ou Quiroga Palacios- Pontepedriña, avanzan segundo o previsto e, nalgúns casos, xa se remataron. Nas vindeiras semanas continuarán adxudicándose novas obras.

O concelleiro de Barrios, Juan de la Fuente, e o de Participación Cidadá, Francisco Noya, supervisaron o comezo dalgunhas destas actuacións. Así, na Rocha Vella investiranse 26.868 euros máis IVE nas intervencións previstas nas rúas do Veado, Quenlla, Piñeiro e Serafín Zas.

Por outra parte, continúan as obras xa iniciadas, como as do grupo Quiroga Palacios, en Pontepedriña. Algunhas, como o asfaltado da explanada do estacionamento, xa concluíron. Nesta zona tamén se está a traballar no ámbito da zona deportiva e do parque de León.

Tamén en Sar seguen as actuacións previstas. En concreto, os concelleiros inspeccionaron as obras que se están a realizar na travesa de Picaños. Neste barrio tamén se programaron intervencións na calzada de Sar e na zona recreativa da Colexiata.

Compartir: