ALCALDÍA

Encontro co barista Óscar de Toro

28/09/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiron en Raxoi a Óscar de Toro, barista profesional e subcampión Barista de Galicia.

O barista recibiu as felicitacións polo seu recente segundo posto no Campionato Barista de Galicia, celebrado recentemente en Área Central. Óscar de Toro acumula numerosos premios en certames galegos e internacionais.

Compartir: