PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Nova ruta didáctica do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"

28/09/2012 Continúa o programa educativo de rutas didácticas pola cidade e as parroquias de Compostela, Cultura Viva, Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.

O sábado 29 de setembro realizarase a ruta didáctica titulada "O castelo da Rocha", en torno a esta xoia arqueolóxica do Concello de Santiago. Coa ruta amosarase aos veciños, o importante xacemento arqueolóxico declarado Ben de Interese Cultural (BIC), datado do século XIII, e no que dende o ano 2001 se veñen desenvolvendo intervencións para a súa recuperación e coñecemento social.

A ruta finaliza coa visita á exposición temporal sobre a imprenta que acolle o Centro Sociocultural de A Rocha, con motivo da súa VIII Semana cultural.O grupo sairá da praza de Galicia ás 11:00 horas e regresará aproximadamente ás 13:30 horas.

A próximas ruta do programa, para a que aínda hai prazas, sé a ruta do mércores 3 de outubro pola mañá, "O urbanismo fosilizado en Santiago", no que a través da visita a un sector do casco vello de Santiago, os participantes poderán observar e comprender como os cambios históricos quedan reflectidos na arquitectura e no trazado urbano, "fosilizados" nas casas e rúas da cidade. A saída será dende a praza de San Fiz ás 11:00 horas.

E o sábado 6 de outubro, con saída as 11:00 horas desde o Centro Sociocultural do Ensanche , outra ruta didáctica, co título "O modernismo en Compostela", permitirá que os participantes coñezan e identifiquen algunhas das pegadas que a arquitectura modernista deixou no Ensanche compostelán a comezos do século XX. Camiñando polas rúas, descubrirase a riqueza de detalles dun estilo arquitectónico pouco coñecido e moi peculiar en Compostela.

Os veciños e veciñas interesadas en participar nas rutas didácticas deste programa poden inscribirse presencialmente ou por telefono nos centros socioculturais tanto en horario de mañá como de tarde.

Direccións relacionadas



Compartir: