ALCALDÍA

Fonseca acolle unha mostra retrospectiva do artista compostelán Manuel Bonome

26/09/2012 O Colexio de Fonseca abriu as súas portas a unha mostra retrospectiva arredor do traballo de Manuel Bonome. O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á inauguración da exposición, que se poderá visitar ata o 14 de outubro.

Manuel Bonome realiza estudos de escultura en París, chegando a ser alumno da Escola do Louvre. De regreso a Compostela, intégrase na Cátedra de Anatomía da Facultade de Medicina USC como escultor anatómico, posto que xa ocupara ata a súa xubilación Francisco Asorey. Ademais, incorpórase ao claustro de profesores da Escola de Artes e Oficios de Santiago, labor que logo substituirá pola de profesor de debuxo e modelado en ensinanza especial.

O percorrido polas distintas etapas creativas de Manuel Bonone presentado no Colexio de Fonseca amosa a poliédrica produción do autor con pezas de diversa natureza e técnica e temáticas de diversa índole. Dende o traballo asociados á Cátedra de Anatomía da USC, con debuxos e estudos previos de diversas partes da anatomía humana ata pezas de porcelana, pasando por tallas, acuarelas e lenzos que deixan constancia dunha vontade polifacética e dun amplo repertorio expresivo no artístico.

Documentos relacionados



Compartir: