ALCALDÍA

O Concello busca nova localización para o centro sociocultural do Casco Histórico

25/09/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu á Asociación de Veciños Compostela Vella. Entre outros asuntos, informounos dos avances na busca dun novo inmoble para a súa utilización como centro sociocultural do Casco Histórico.

Ángel Currás comunicoulles que, nestes intres, se están a barallar dúas posibles localizacións: unha entre a Algalia de Arriba e San Miguel dos Agros e outra en Casas Reais. A intención do Concello –dixo- é buscar, en colaboración cos veciños, un "local público digno" que "se adecúe ás necesidades de accesibilidade e mobilidade". O novo centro substitirá ao actual, na rúa dos Castiñeiros, polo que se paga un custoso aluguer de 1.000 euros.

O alcalde tamén informou os representantes veciñais dos trámites cara a licitación do novo centro de saúde de Galeras e da apertura ao público dos xardíns do Pazo de Amarante.

Na reunión tamén participaron os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Urbanismo, María Pardo.

Documentos relacionados



Compartir: