CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Rocha dedica unha nova edición da súa Semana Cultural ás artes gráficas

24/09/2012 Do 25 de setembro ao 2 de outubro, celébrase a VIII Semana Cultural, dedicada nesta ocasión ás artes gráficas. Exposicións, obradoiros, visitas guiadas ou a festa en honor a Santa Eufemia conforman o programa desta edición.

O obxectivo desta VIII Semana Cultural é dar a coñecer a historia da imprenta, segundo explicou o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, na presentación do programa. Xunto el estiveron Carlos Delgado, da Asociación Cultural Rocha Forte, e Manuel Moure, presidente da Asociación de Veciños da Rocha Vella "Serafín Zas".

A través de actividades diversas como una exposición de artes gráficas, visitas guiadas á sección de artes gráficas do Museo do Pobo Galego, obradoiros de impresión dun libro e de caligrafías antigas, actividades lúdicas, mostra de danzas do mundo, e mesmo a presentación dun libro, o centro da Rocha acollerá unha completa programación para os veciños e para todos os composteláns.

Ademais, durante esta mesma semana, xa dentro do programa Cultura Viva, Fai túa Compostela, desenvolverase unha nova ruta didáctica, nesta ocasión, polo Castelo da Rocha. Será o sábado 29 de setembro, a partir das 11:00 horas, con saída do grupo dende a praza de Galicia.

Cómpre lembrar que a Semana Cultural coincide tamén coa celebración da Santa Eufemia, polo que a xornada do sábado 29 será especialmente festiva, con sardiñada, misa campestre, danzas e os inchables achegados pola Concellería de Festas.

Arranxos no CSC da Rocha
A propósito do Centro Sociocultural da Rocha, cómpre lembrar que a Concellería vén de acometer un investimento de preto de 11.000 euros para cambiar as canalizacións de auga e así solucionar os problemas de humidades do local.

Documentos relacionados



Compartir: