DEPORTES

A praza do Obradoiro acolle a saída da II Marcha Ciclodeportiva Cidade da Cultura

21/09/2012 O domingo 23 de setembro celebrarase a II Marcha Ciclodeportiva Monte Gaias-Cidade da Cultura. A proba servirá tamén para homenaxear o consagrado ciclista galego Ezequiel Mosquera.

Esta marcha cicloturística, organizada polo Club Ciclista Botafumeiro, é unha actividade aberta a todo ciclista maior de 15 anos con licenza federativa. Tamén poderán participar cicloturistas non federados, que terán que realizar a licenza por un día.

A marcha comezará na praza do Obradoiro ás 9:00 horas e discorrerá por varios municipios da comarca, cun percorrido de aproximadamente 100 quilómetros. Conta con dous portos de montaña como son as subidas ao Pico Muralla e ao Alto de San Xusto. Non obstante, haberá unha ruta alternativa para aqueles ciclistas que non se atopen en condicións de subilos. A marcha finalizará no Monte Gaias (Cidade da Cultura).

As inscricións, o regulamento da proba e o rutómetro pódense consultar na páxina web do club: www.ccbotafumeiro.es.

Compartir: