ECONOMÍA

Emprendedores e novos empresarios poderán acceder a financiamento sen aval

20/09/2012 O 2 de outubro, o edificio CERSIA acollerá unha sesión informativa organizada por AJE A Coruña sobre a liña de financiamento de ENISA, dirixida a proxectos empresariais que se constituirán nos últimos dous anos. O prazo de presentación de toda a documentación precisa para solicitar esta liña de financiamento remata o 9 de novembro.

ENISA facilitará con este proxecto a posibilidade de que os emprendedores e novos empresarios poidan acceder a un préstamo sen aval cun importe máximo de 75.000 euros. O máis destacable desta liña de financiamento é que, entre os requisitos esixidos, para a súa concesión non consta a presentación de avais e só requirirase aos solicitantes a viabilidade do proxecto. oen 2011, AJE A Coruña tramitou un total de 24 proxectos empresariais por un valor dun millón de euros na nosa provincia.

Documentos relacionados



Compartir: