DEPORTES

A construción do novo campo de herba artificial de Conxo estará incluída nos orzamentos municipais de 2013

19/09/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibiron a directiva do Club Deportivo Conxo. Estes recibiron o compromiso do rexedor municipal de que o novo campo de herba artificial previsto para o barrio estará incluído nos orzamentos de 2013.

O novo campo de herba artificial de Conxo, ten un custo aproximado duns 300.000 euros. A partida do Concello, duns 100.000 euros, incluirase nos orzamentos do exercicio 2013, segundo indicou o alcalde. Existe igualmente o compromiso da Secretaría Xeral para o Deporte de achegar outros 100.000 euros. O resto do financiamento corresponderá á Deputación da Coruña.

Ángel Currás recoñeceu a imposibilidade de sacar adiante esta obra en 2012 polo retraso na aprobación dos orzamentos, pero expresou a súa confianza en que o novo recinto deportivo se poida executar en 2013.

Documentos relacionados



Compartir: