EDUCACIÓN

A apertura da Escola de Salgueiriños sitúa a oferta municipal de prazas infantís nas 249

17/09/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asistiron á xornada de portas abertas na Escola Infantil de Salgueiriños. Este centro abre este ano baixo a xestión municipal e suma 123 prazas de gardería. Sumadas ás das escolas de Conxo e Fontiñas, a oferta municipal de prazas de escolas infantís sitúase nas 249.

Ángel Currás cualificou esta Escola de Meixonfrío-Salgueiriños como "exemplo" tanto na parte construtiva como na súa dotación e equipamento. Con capacidade para 123 alumnos, polo xa cuns 70 alumnos, e o resto iranse integrando progresivamente.

Neste sentido, a concelleira de Educación lembrou que nesta Escola de Salgueiriños aínda quedan 16 prazas vacantes nunha das tres aulas previstas para nenos entre 2-3 anos. A outra aula cambiarase finalmente a aula para nenos entre 1-2 anos, tal como solicitara a Concellería de Educación. Polo tanto, abrirase a lista de agarda para completar as aulas.

Esta infraestrutura é un proxecto incluído no Proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Documentos relacionados



Compartir: