TRANSPORTES

O transporte urbano, alternativa aos problemas das emisións de gases

05/05/2006 A integración medioambiental das poíticas futuras de transporte centrou a primeira xeira das Xornadas Técnicas sobre Transporte Urbano, que se celebran no Auditorio de Galicia. Nas sesións constatouse a contradición que supoñen as esixencias medioambientais do protocolo de Kioto co crecente uso do automóbil privado e as súa emisións, malia o incremento dos prezos do petróleo.

Os expertos falaron da necesidade de apostar definitivamente polas enerxías renovables e polo maior uso do transporte público. Para isto, cómpre cambiar os hábitos dos cidadáns, xa que a penas o 6% estaría disposto a prescindir do coche, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente.

Á marxe desta cuestión, as xornadas están a ocuparse de cuestións coma o futuro das cidades, as esixencias dos clientes e cidadáns, a oferta tecnolóxica a implantar ou o marco legal e financeiro do sistema de transportes, centrarán o debate.

As sesións foron inauguradas polo primeiro tenente de alcalde, Néstor Rego, e á clausura asistirá o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Compartir: