EDUCACIÓN

Normalidade no comezo do curso escolar 2012-2013 nos centros de Santiago

12/09/2012 A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, desprazouse ao CEIP Ramón Cabanillas para participar na apertura do curso escolar 2012-2013. As clases nos centros composteláns comezaron con normalidade e sen incidencias importantes.

Neste curso 2012-2013 son 1.100 nenos e nenas os que se incorporan por primeira vez á escola. En relación a exercicios anteriores, a matrícula total nos diferentes niveis medrou nuns 200 alumnos.

O centro visitado por Rebeca Domínguez, o CEIP Ramón Cabanillas é un dos nove centros escolares que neste curso contarán cos servizos de comedor e de madrugadores. Neste sentido, a concelleira de Educación lembrou que o prazo de matrícula estará aberto ata o sábado 15 de setembro. A previsión é que uns 390 rapaces e rapazas fagan uso deste servizo de comedor.

Este é o primeiro ano que o Concello asume a xestión dos comedores escolares, o que permitirá ás familias aforrar un 40% no prezo dos menús de almorzo e xantar respecto a cursos anteriores.

Documentos relacionados



Compartir: