EDUCACIÓN

O Teatro Principal acolle o I Certame de Danza Intercentros

03/05/2006 A danza é a protagonista do I Certame de Danza Intercentros de Compostela, que se celebrará o sábado 6 de maio, ás 18:00 horas, no Teatro Principal. Nesta iniciativa participan cinco centros composteláns, que representarán diversas coreografías clásicas e modernas.

O I Certame de Danza Intercentros é unha experiencia de dinamización cultural para a comunidade escolar e para o resto da cidadanía. Únese así ás diversas propostas xurdidas nos últimos anos co obxectivo incorporar a danza ao contorno sociocultural do escolar e da mocidade, deixando de ver a danza como un fenómeno estraño, illado da súa experiencia cotiá e realizado en circunstancias excepcionais.

Compartir: